O negocio en liña non é fácil, é complexo. Isto significa que moitos pequenos comercios se teñan que cuestionar se se teñen que introducir no mundo en liña. Se o pequeno comercio non é rendible, morre. As grandes compañías nalgúns momentos pódense permitir o luxo de ter perdas porque as poden recuperar. Tristemente se o pequeno comercio ten un mal ano, morre. E o negocio en liña é moi complexo e pouco rendible a curto prazo. Ao pequeno comercio o que máis lle asfixia na súa conta de explotación é o alugueiro do local e logo, obviamente, os custos de persoal. Cando hai negocio en liña téñense que aumentar os custos de persoal porque alguén se ten que ocupar diso. Cousa que o pequeno comercio non pode facer e acaba asumindo o traballo o persoal que xa ten, pero non pode dedicarse a ambos. En ocasións introdúcense no mundo en liña dunha maneira incoherente e acábanse asfixiando.