Os hábitos de consumo sempre foron cambiantes, pero nunca nas dimensións que supuxeron
a pandemia e as súas consecuencias en tan pouco tempo. Pasaron tantas cousas e houbo
tantos cambios nas formas de consumo, na dixitalización dos nosos hábitos, que
se ti segues comunicándote cos consumidores como fai tres anos, sinxelamente estás
fóra de xogo.