A pandemia do covid-19 transformou notablemente os hábitos de consumo dos españois particularmente polo que se refire ao comercio a través de internet. Máis frecuencia e máis gasto son as conclusións do estudo realizado por Adevinta, a firma que utilizou a información recollida polas súas “ marketplaces” (Fotocasa, Habitaclia, Infojob, MIlanunicos, Coches.net e Motos.net) para estudar os hábitos de consumo que se xerou durante esta crise sanitaria.

Un de cada tres españois compra cada semana por internet. Disparouse 10 puntos porcentuais esa cifra en poucos meses. Ademais, gastamos máis: o 25% dos consumidores destina o 21% do orzamento en canles dixitais, o que supuxo un gasto de entre 50 e 250 euros semanais vía online.

Vímolo en: https://www.elperiodico.com/es/economia/20210223/tres-espanoles-compra-semanalmente-internet-11538529