Numerosos comercios do Ensanche de Santiago realizarán o venres día 25 de novembro accións específicas, promocións e descontos especiais con motivo do Black Friday. As tendas que participan aplicarán aos seus clientes descontos de ata o 50% nestas datas previas ao inicio da campaña de Nadal.

Os clientes poderán obter grandes prezos en produtos de moda, calzado, xoguetes, complementos, óptica, decoración ou coidado persoal en produtos de calidade, ofrecidos polo variado tecido comercial do Ensanche. Entre las actividades previstas para a xornada atópanse ofertas e packs promocionais; descontos especiais de entre o 20 e o 50%; actividades nas tendas; e ampliación de horario de apertura no caso dalgúns establecementos.

O Black Friday é unha data de crecente importancia para o comercio minorista, dado que moitos dos clientes aproveitan a ocasión para adiantar as súas compras de Nadal ou para aproveitar os prezos especiais da xornada.

A Fundación Santiago Centro convida aos composteláns a aproveitar a xornada do venres para visitar o Ensanche e coñecer in situ a ampla e variada oferta da principal zona comercial de Santiago.