Coa chegada de decembro comezamos xa co espírito do Nadal e comezan os preparativos para as festas. O máis importante nestas datas é desfrutar da boa compañía e celebralo onde e con quen mellor consideremos. Iso si, fan falta algúns preparativos e para iso está sempre o comercio local do Ensanche compostelán. Os establecementos pertencentes á asociación de comerciantes da zona nova, Santiago Centro, esfórzanse durante todo o ano para ofrecer o mellor servizo, e especialmente para preparar os eventos e cumprir coas ilusións do Nadal. Se están pensando nos menús, nos encontros familiares, nas festas de empresa, nas reunións coas amizades… no comercio local podes atopar dende alimentos, ata detalles e agasallos, sen esquecernos da vestimenta ou os complementos: moda e calzado infantil, de muller, home e xuvenil, material e indumentaria deportiva, gafas, agasallos, papelería, alimentación, electrodomésticos… ESTE NADAL, CELÉBRAO CO COMERCIO LOCAL DO ENSANCHE!!! , unha campaña que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Sorteo de 50 bonos de 50€ por utilizar a app ‘Santiago Centro Vip’

Se aínda non a tes descargada nin te rexistraches, bule a instalar e formar parte de ‘Santiago Centro Vip’ a app de Santiago Centro coa que terás acceso a numerosas vantaxes e sorteos. Este Nadal, polas compras que rexistres a través da aplicación entre o 15 de decembro de 2023 e o 5 de xaneiro de 2024 entrarás automáticamente no sorte de 50 bonos de 50€ en saldo que che aparecerán na app se resultas ser unha das persoas afortunadas. Cantas máis compras realices identificándote no comercio aherido coa app (ou tarxeta de fidelización) máis posibilidades terás de gañar.

  • A promoción é válida por compras superiores a 10€.
  • Non esquezas identificarte como membro de Santiago Centro Vip cando vaias pagar o teu produto.
  • Na propia aplicación podes consultar cales son os comercios adheridos e que polo tanto participan desta promoción. Tamén podes preguntar na tenda.
  • O sorteo levarase a cabo na propia aplicación o día 7 de xaneiro e o saldo aparecerá automáticamente no perfil da persoa gañadora.
  • O saldo será canxeable ata o 28 de febreiro de 2024, data a partir da cal desparecerá da aplicación.

Anímate e goza do Nadal de Santiago Centro!

Velaquí che deixamos as BASES que tamén podes DESCARGAR AQUÍ