A maioría dos retos están provocados pola inflación, que xerou retos na xestión do negocio e das persoas e necesidade de ser máis activo nas estratexias de márketing. Pero tamén apareceu un novo reto, relacionado co cambio climático e que afecta especialmente o sector da moda e os complementos.

En canto ás estratexias de márketing centráronse durante o 2023 especialmente para darse a coñecer, captar novos clientes, reactivar aos clientes existentes e, sobre todo, redobrar os esforzos en comunicación.

En canto ao cambio climático son varios os comercios de moda e complementos que relacionaron este problema cos pobres resultados en vendas das campañas de verán e inverno, ao non coincidir o clima co habitual nesas estacións.

Son datos dunha enquisa na que participaron negocios dos sectores de moda e complementos, alimentación, hostelería, cultura, saúde, hábitat, tecnoloxía e servizos. 

Vímolo en https://celestinomartinez.com/evolucion-del-comercio-local/