Temos que escoitar aos clientes? Claro que si. Pero temos que escoitar aos que realmente son os nosos clientes, porque o éxito do noso negocio está en satisfacer as súas necesidades e expectativas. É dicir, ofrecerlles o que queren e como o queren.
Así que lembremos que cliente non é todo o que entra pola porta. Nin sequera moitos dos que compran algo de cando en vez son clientes. Os nosos clientes de verdade son quen aprecia a nosa proposta de valor e están dispostos a pagar por ela.
Vímolo en: https://celestinomartinez.com/escuchar-al-cliente/