Segundo o Observatorio Cetelem, case 7 de cada 10 consumidores españois declaran que prefiren realizar as súas compras en tendas físicas en lugar de no canal en liña, segundo se recolle no seu Estudo de Consumo España 2024.

Os comercios e tendas de barrio destacan pola súa proximidade, o aspecto máis valorado polos consumidores que compran nestes establecementos, cun 52 % das mencións. A amabilidade e o trato próximo seguen en importancia, cun 44 %, mentres que a confianza ocupa o terceiro posto, cun 39 %.

Visto en: https://elobservatoriocetelem.es/2024/11/07/compras-tienda-fisica-internet/