A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, celebrou o 1 de xuño de  2006 o segundo desfile de moda ao aire libre, achegando as tendencias da temporada primavera/verán á rúa. Deste xeito, a Praza Roxa transformouse por unhas horas nunha pasarela coa que promover ao comercio asociado, en especial os sectores de baño, téxtil, calzado e complementos.

No desfile participaron modelos da axencia New Models, ademais de sete nenos composteláns presentando as propostas de vinte e nove establecementos asociados.

Europa Press    La Voz de Galicia