A Xunta de Galicia prepara o 2025 un plan integral para regular o comercio en toda a comunidade, co obxectivo de garantir a supervivencia e o crecemento dos negocios locais. Entre as principais estratexias do plan destaca a modernización e dixitalización do sector, para o que xa lanzaron unha orde de axudas que tamén se enfoca na sustentabilidade e competitividade dos comercios.
O Director Xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, subliña a importancia da formación a medida para os comerciantes, consciente de que moitos non dispoñen de tempo para realizar cursos longos. Por iso, propón xornadas específicas adaptadas ás súas necesidades. Tamén se busca mellorar a estética dos locais, con énfases na renovación dos escaparates, recoñecendo o seu valor para atraer aos clientes.