As tendencias de moda e complementos para a temporada de outono-inverno 2017 foron as protagonistas no desfile ‘Moda a pé de rúa’, do venres 29 de setembro. Na pasarela urbana, que se celebrou a cuberto na Praza Roxa, reuníronse produtos dunha vintena de establecementos do Ensanche compostelán.

Santiago Centro organizou este desfile dentro da programación da Festa +55 Anos Vivindo no Ensanche. A cita contou con produtos dos sectores da moda, calzado, complementos, xoiaría e equipamento persoal, e contou co apoio da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago. No seu transcurso, modelos profesionais e clientes das tendas involucradas mostraron propostas de estilo de Patucos&Co, Teté Niños, Xanela de Danza, Intersport Amancio, Bambina Chic, Actuality, Olivares, Esther Lencería, Moksin, Sarto, Granatte, General Óptica, Opticalia Casa de los Lentes, Tien 21, Eurekakids, Lourdes, El Armario de Alma e 5 Ratoncitos.

A xornalista Silvia Castiñeiras foi a mestra de cerimonias do desfile, coordinado pola estilista Marta Arnoso. Manuel Pensado (Flash Peluqueros) foi o encargado da perruquería e Perfumería Dulce Calvo a da maquillaxe dos modelos. No intermedio actuou a humorista Carmen Conde.