A Fundación Santiago Centro, Área Comercial, abriu o prazo de solicitude para participar como expositor no Outlet Santiago Centro, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. Esta é a segunda edición do evento, que reunirá a un amplo grupo de establecementos comerciais do Ensanche e de Compostela, dos sectores máis variados. O evento inclúe a realización de accións para dar visibilidade a tres ONGs que traballan en Santiago e Galicia, Down Compostela, Asanog e a sección galega da Asociación Alfa 1 España.

Para participar no Outlet é necesario poñerse en contacto Santiago Centro a través do mail info@santiagocentro.gal.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO OUTLET SANTIAGO CENTRO