Case un cento de comercios do Ensanche compostelán repartiron en Nadal agasallos a través da campaña de boletos con premio directo impulsada por Santiago Centro, Área Comercial. Os establecementos adheridos distribuíron máis de 650 premios, achegados polos propios negocios e polas galerías de arte que participan na mostra de arte contemporánea en escaparates Pasearte, nun esforzo para promover a fidelización dos clientes en datas especialmente importantes para o sector.

Os agasallos foron desde descontos directos de ata o 50% a produtos de primeira calidade como gafas das máis coñecidas marcas; mochilas; zapatos; pequenos electrodomésticos; prendas de moda; cursos personalizados de inglés; complementos; artigos deportivos; reloxos; almorzos para 2 persoas en establecementos asociados; bonos de vacinación para mascotas; lotes de viño; ou produtos de alimentación gourmet.

Ademais, nas datas sinaladas Papá Noel e o Paxe Real recolleron as cartas dos pequenos nas rúas e comercios do Ensanche.