Este venres 27, numerosos comercios de Santiago Centro, ofrecerán importantes descontos aos seus clientes ao unirse á celebración do Black Friday
Duns anos para aquí, son moitas as correntes que desde Norteamérica chegan ao noso país. Unha delas é a celebración do BLACK FRIDAY (Venres Negro).
En América, este día celébrase xusto despois de Acción de Grazas, o cuarto venres do mes de novembro. Consiste en inaugurar o principio das compras do Nadal con significativas rebaixas.
Os establecementos comerciais, abren as súas portas moi cedo para recibir a avalancha de xente que espera este día.
Parece ser que este ano, unha vez máis, grandes áreas e cadeas da nosa cidade participan e únense a esta iniciativa. O comercio de Santiago Centro cun número significativo de comercios, tamén se suma a esta celebración e ofrecerannos importantes descontos que varían desde o 10% ao 70% e diferentes sorpresas, ademais de que moitos abrirán as súas portas nun horario máis amplo