Santiago Centro participou hoxe, como integrante do Foro Cívico, na sinatura por parte dos candidatos á alcaldía de Compostela Aberta, PP, PSOE e BNG dun acordo para impulsar canles de colaboración en temas cruciais para a cidade. O secretario da Fundación, Delmiro Prieto, asistiu á firma do documento, que chama a buscar o acordo en asuntos clave como a Estación Intermodal, a Estación Depuradora de Augas Residuais o o impulso da industria e o comercio.

A Cámara de Comercio, presidida por José Carballo, acolleu a xuntanza. A ela asistiron Martiño Noriega (CA), Agustín Hernández (PP), Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG) e Goretti Sanmartín (BNG).

A Fundación Santiago Centro forma parte activamente do Foro Cívico. Esta agrupación da sociedade civil compostelá está formada por institucións, asociacións e colexios profesionais.