Os preto dun cento de comercios integrados en Santiago Centro, Área Comercial, están xa preparados para a volta ao cole, unha das épocas nas que as familias deben afrontar un maior gasto en realizar as compras necesarias para o regreso da cativada ás aulas. Os clientes de Santiago Centro, o comercio do Ensanche compostelán, poden atopar nos establecementos asociados todo tipo de artigos para esta volta ao cole aos mellores prezos e, sobre todo, cunha atención personalizada e a garantía que proporciona o comercio local.

Entre a oferta de compras para a volta ao cole que ofrece Santiago Centro atópanse varios dos comercios máis significados da cidade nos sectores da libraría e a papelaría; equipamento deportivo; roupa e calzado infantil e xuvenil; xoguetestecnoloxía, un dos piares das novas formas de educar; óptica; ou  centros para a aprendizaxe de idiomas.

Ademais, os clientes do Centro Comercial Aberto do Ensanche non teñen que perder o tempo buscando onde deixar o coche. Na actualidade, medio cento de establecementos están adheridos ao programa de aparcadoiro gratuíto de Santiago Centro, a través do cal subministran tickets de aparcamento prepagados aos clientes. Estes negocios están identificados na súa porta co distintivo azul alusivo á campaña.