A peonalización de varios barrios en cidades españolas mostrou un efecto favorable na actividade comercial, de acordo con un estudo realizado por investigadores do MIT e da Universidade de Tokio. Con todo, tamén hai estudos que sinalan que a eliminación de vehículos nas rúas pode desencadear procesos de xentrificación comercial. É dicir, a substitución de negocios tradicionais por franquías e servizos orientados ao turismo. Ademais, esta transformación pode carrexar outros efectos negativos, como o aumento no custo do transporte público e unha alza nos prezos das vivendas.
Visto en: https://maldita.es/malditateexplica/20230425/peatonalizacion-ciudades-impacto-economia/