Achégase unha das datas máis doces do ano: o 14 de febreiro celébrase o San Valentín, a data ideal para facer un regalo a quen máis se quere.
A parella, os amigos… San Valentín préstase a agasallar a aqueles polos que se sente aprezo verdadeiro. Os comercios de Santiago Centro, Área Comercial, súmanse con ofertas especiais e decoracións alusivas a esta data, que comezou a celebrarse nos países anglosaxóns no século XVIII e agora está plenamente enraizada xa na tradición.
Porque, como dicía o poeta medieval Chaucer, “era polo día de San Valentín que cada paxaro escollía parella”.