Rosalía de Castro naceu o 24 de febrero de 1837 no antigo Camiño Novo, en Santiago. A casa situábase no que hoxe é a Praza de Vigo. A A.VV. Raigame e Santiago Centro, Área Comercial recordarán á gran poeta galega cunha ofrenda floral o sábado 24 ás 18.00 horas.

Presentará o acto o presidente emérito da A.VV. Raigame, Xaquín Mato. A seguir o profesor de lingua e literatura galegas Xosé Manuel Fernández Castro lerá poemas de Rosalía.

A poeta naceu en no que máis dun século despois se convertiría no Ensanche de Compostela; o Camiño Novo pertencía ao desaparecido concello de Conxo e era unha zona de labranza fóra da cidade. Rosalía dedicoulle no seu libro Follas Novas uns versos ao lugar, recollidos hai meses nesta mesma web.