O Outlet Santiago Centro abriu as súas portas entre os días 18 e 20 de novembro de 2016 na Cidade da Cultura coa participación dunha ducia de tendas do Ensanche e varios dos principais concesionarios de coches novos e usados de Compostela. A iniciativa, promovida pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial, foi de entrada gratuíta, contou con actividades solidarias e de animación infantil.
Durante todo o horario de apertura do Outlet (de 11 a 21h o sábado e o domingo) desenvolveuse a campaña “200 billóns de estrelas nun firmamento solidario”. Nenos e adultos puideron colaborar nun obradoiro de creación de estrelas atendido por voluntarios. Quen o desexou puido colgar as estrelas nun firmamento solidario por cun custe simbólico de 1€ que se destinará enteiramente a financiar os proxectos das asociacións involucradas, Down Compostela, Asanog e a sección galega da Asociación Alfa 1 España.
Nesta primeira edición, nunha superficie de exposición de 250 m2, participaron os establecementos El Nonno, Cultura Urbana, Dana, Calzados Pachi, Las Cosas de Mamá Lara, Dulce Calvo, Actuality, Kids&Us, Patucos, Teté Niños, Sarto e Joyería Jael; selección de firmas de moda, calzado, decoración, regalo, complementos, xoiería, reloxería, cosmética e decoración de Nadal. No exterior da Cidade da Cultura, o Outlet contou cos principais concesionarios e empresas de venda de vehículos novos e usados. Participar o Grupo Brea (SEAT Brea Motor, Skoda Brea Automoción, Fiat BreaCar); Grupo Breogán Auto Ocasión e Breogán Lexus; Nissan – Renault Grupo Caeiro; e Autos Milladoiro.