Remata agosto e coa chegada de setembro hai que preparar todo para a volta á rutina do curso escolar da cativada e dos rapaces e rapazas que comezan ou volven aos institutos. Para todos eles, mocidade e pequechada, o comercio local ofréceche todo tipo de equipamento en vestimenta, calzado, material deportivo e moito máis… Papelería, tecnoloxía, incluso ópticas, se precisas renovar as lentes dos pequenos e pequenas estudantes, están á túa disposición na zona nova compostelá, na rede de establecementos pertencentes á asociación de comerciantes Santiago Centro.

Esta é unha época de ilusión e nervos, e de moito gasto, pero o comercio do Ensanche compostelán quere estar ao teu lado nesta Volta ao Cole, facilitando aparcamento gratuíto, vantaxes en descontos se utilizas a app Santiago Centro Vip, dándoche os mellores consellos e atendendo de maneira personalizada as túas necesidades.

Podes consultar aquí a listaxe de comercios de Santiago Centro www.santiagocentro.gal/compras

A campaña conta coa colaboración e subvención da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.