Pasearte, a Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates de Santiago Centro, pechou a súa segunda edición cun balance positivo tanto canto ao impacto como á participación cidadá, tras 25 días de exposición e actividades dirixidas a todos os públicos. Nesta edición foron 90 as obras mostradas, de 60 diferentes artistas entre os que se atopan nomes de tanta relevancia como Vari Caramés, Din Matamoro, Antonio Rábago El Roto, Alejandra Atarés, Dario Basso, Joseba Muruzábal, Pierre Loiuis Geldenhuys ou Pamen Pereira.
Pasearte é unha iniciativa cultural que promove Santiago Centro baixo a dirección de Javier Blanco (Galería Metro), grazas a colaboración das galerías de arte Luisa Pita, Nordés, Federica no era Tonta e Trinta, ademais da propia galería Metro. Conseguiu a participación de máis de 200 persoas nas actividades programadas, coma os talleres, as visitas guiadas e as accións artísticas en directo.C ontou coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Santiago, e o patrocinio de Jael Joyería, Quatrium Inmobiliaria e Grupo Ulla.