Co obxectivo de mellorar a experiencia de compra dos clientes, un estudo pioneiro, confinanciado por EDUSI León Norte, aplica a máis avanzada tecnoloxía neurocientífica ao comportamento dos consumidores do comercio de proximidade. A iniciativa trata de que os establecemenos participantes poidan coñecer mediante esta técnica a eficacia dos elementos de comunicación e presentación dos seus produtos (escaparate, mobiliario, cartelería…) e identifiquen elementos potenciadores e/ou os que supoñen freos para a venda.