Vinte e seis imaxes foron seleccionadas para seren expostas nunha mostra virtual en internet como vencedoras do certame de fotografía xacobea que complementa a programación de Compostela Photo, o festival artístico que cobre 15 portóns de garaxes do Ensanche compostelán con imaxes relacionadas co Camiño. As sete máis votadas formarán parte da próxima edición do festival de arte urbana. A fotografía máis destacada polo xurado foi Madrugón, de Alberto Rey.

O xurado compuxérono o José María Fernández, presidente de Fundación Santiago Centro; María Moldes, artista e fotógrafa; Sebas Anxo, artista e fotógrafo; e Javier Blanco, comisario de Compostela Photo e director da Galería Metro. Para elixir entre o cento imaxes presentadas, rexéronse por criterios de calidade e de adaptación á temática xacobea, indicada nas bases.

A imaxe que recibiu máis votos, Madrugón, de Alberto Rey, e as seis seguintes entre as preferencias do xurado serán reproducidas en portóns de garaxe no Ensanche compostelán, do mesmo xeito que as 15 obras que desde a primavera conforman a exposición de Compostela Photo 2022/2023. As vinte e sete mellores serán expostas na web do festival, www.compostelaphoto.com.

FOTOGRAFÍAS SELECCIONADAS POR ORDE DE PUNTUACIÓN

ALBERTO REY – MADRUGÓN

ELISE – REFLEXO CATEDRAL

CLAUDIA SUÁREZ – SILENCIO

PAULA VARELA – SOBRADO DE ARTE

MARGA CAMPOS – CAMIÑO PORTUGUÉS

JM SALGUEIRO – O FINAL DO CAMINO

JACOBO REMUÑÁN – SOL E NÉBOA

VICENTE PÉREZ – REFLEJOS

JOSÉ LÓPEZ – UN DESCANSO PARA OS PÉS

JOSÉ ANTONIO VILA – FINAL DEL CAMINO

IAGO RODRÍGUEZ – REFLEXOS DE PEDRA MOLLADA

XAIME CORTIZO – SKYLINE

VICENTE PÉREZ – DESCANSO

MARIÁN BLANCO – AMARILLO PLAYA

JULIA GONZÁLEZ – NOITE EN COMPOSTELA

JOVITA MUÑOZ – XEROME

CÉSAR CARRACEDO – SOLPOR NO MONTE DO GOZO

ALBERTO REY – RENUNCIAS

PAULA VARELA – PICO SACRO 2

MÓNICA MONTERO – SANTIAGO

JOSS PEREIRA – NOITE DE CHUVIA

JACOBO REMUÑÁN – O FINAL

JACOBO M. MARTÍNEZ – RESPIRA

CÉSAR CARRACEDO – A BANDEIRA

CARLOS BRIONES – TORRES HEJDUK

CARLOS BRIONES – GAIÁS

Galería – Exposición virtual: https://compostelaphoto.santiagocentro.gal/certame-fotografico-2022-2023/

O FESTIVAL

Aberto a pasada primavera co apoio da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Concello de Santiago, o festival Compostela Photo mostra durante todo un ano en portóns de garaxes do Ensanche a obra de 15 creadores contemporáneos galegos e do resto de España. Na lista figuran nomes moi coñecidos do panorama fotográfico nacional, así como artistas emerxentes, o que garante a calidade das obras expostas. Ademais da exposición de 15 fotografías de gran formato, Compostela Photo inclúe visitas guiadas durante todo o ano e percorridos fotográficos pola cidade e polo Camiño. Ademais, editaouse unha guía de visita dispoñible nas principais oficinas de turismo e establecementos do Camiño.

Desde un formato orixinal e novidoso, Compostela Photo quere, por unha banda, promover o coñecemento das creacións de fotógrafos contemporáneos entre o público, e, pola outra, poñer en valor a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago. Un terceiro obxectivo é a dinamización da vida cultural e comercial no Ensanche, atraendo os moitos visitantes que cidade cada ano.