Se rexistraches a través da app Santiago Centro Vip as túas compras de Nadal, entre o 15 de decembro de 2022 e o 5 de xaneiro de 2023, por valor mínimo de 10 euros, xa podes consultar o teu saldo na mesma aplicación e comprobar se foches unha das persoas gañadoras dos bonos de 50€ que se adxudicaron mediante sorteo, realizado o 9 de xaneiro.

O saldo pode ser canxeado no comercio adherido a Santiago Centro Vip ata o 28 de xaneiro de 2023, incluído.

Para comprobalo, debes abrir a túa app e pulsar na pestana saldo. Se gañaches os 50€ verás que aparecen no teu saldo acumulado. Agora só tes que gastalos!

Promoción de Nadal

Durante este Nadal, a asociación Santiago Centro volveu poñer en marcha unha campaña a través da súa app, coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Así, todas aquelas persoas que realizaron compras usando a app nos comercios que forman parte da aplicación, e por un importe mínimo de 10€, entraron nun sorteo de 50 bonos en forma de saldo na propia app por valor de 50 euros. O sorteo levouse a cabo tendo en conta as compras que tiveron lugar entre o 15 de decembro de 2022 e o 5 de xaneiro de 2023.

O dia 9 de xaneiro foi a data na que se realizou o sorteo a través do sistema da propia app, anuncido a través das redes sociais de Santiago Centro. O saldo será canxeable entre o 10 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2023.

Para as persoas que aínda non conten coa app Santiago Centro Vip, poden descargala en iOS e Android e rexistrarse de forma sinxela cubrindo un formulario. Na propia aplicación pódense consultar os comercios que operan con ela, así como información relacionada con eles e outros descontos que ofrecen á marxe desta campaña de Nadal.

CONSULTA E DESCARGA AQUÍ AS BASES DA CAMPAÑA