O mellor lugar para gozar das rebaixas de verán é o Ensanche de Compostela. Os establecementos asociados ao centro comercial aberto Santiago Centro comezan a temporada de descontos con descontos de entre o 25 e o 50%. En ocasións, a mellora nos prezos chega ao 70% nunhas ofertas que xa están dispoñibles en moitos dos comercios asociados.

A temporada de rebaixas prolongarase durante os próximos dous meses con propostas e prezos moi interesantes para o consumidor.