A web OutletSantiago.gal segue ofrecendo, da man de Santiago Centro, Área Comercial, unha plataforma de venda do comercio local compostelán con vocación global. OutletSantiago.gal funciona cunha ampla selección de produtos de todos os sectores (téxtil, calzado, xoiaría, complementos, deportes, papelaría, animais de compañía, alimentación gourmet, óptica, imaxe e son, regalos, mobles e máis decoración) con descontos de ata o 70%, ofertados por unha trintena de establecementos, todos eles con tenda física en Compostela.Tamén inclúe produtos de temporada non rebaixados. A plataforma permite a compra online e recollida en tenda, que facilita a compra en calquera momento e a recollida sen agardas.
O proxecto conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, da Deputación Provincial da Coruña e da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas liñas de axudas a asociacións de comerciantes e proxectos de innovación comercial. Santiago Centro proporciona instrucións para diferenciar os produtos aos comercios xa incluídos no outlet, e levará a cabo sesións de formación para aqueles que se incorporen por primeira vez. A web traslada ao mundo dixital a experiencia de compra do comercio tradicional, poñendo a disposición do cliente produtos de calidade con toda a atención e profesionalidade do comercio de proximidade.
Campaña de posicionamento
Durante estas semanas de verán Santiago Centro está levando a cabo unha campaña en buscadores e redes sociais para posicionar mellor a web www.outletsantiago.gal. Grazas a esta actuación, os produtos do comercio local santiagués acadarán unha maior visibilidade nas búsquedas dos posibles compradores. O obxectivo é converter esta plataforma nun referente para a venda dos excendentes de temporada cos que contan os diferentes negocios integrados.