Santiago Centro manterá aberto ata o día 29 de abril o prazo para que se inscriban os comercios interesados en participar e mostrar os seus produtos no desfile Moda a pé de rúa dos días 19 e 20 de maio; ou para quen queira participar como modelo (infantil ou adulto) nesta pasarela urbana.

Para anotarse ou obter máis información débese escribir a info@santiagocentro.gal antes do próximo sábado.