Sabadell Professional é unha unidade especializada de Banco Sabadell dedicada a ofrecer aos colectivos profesionais todo un conxunto de produtos e servizos en condicións exclusivas.

Mediante a firma dun convenio de colaboración, pon ao dispor de todos os membros adscritos unha oferta financeira en condicións preferentes, tutelada polos representantes dos colectivos profesionais. Un equipo humano ben preparado, dotado dos recursos tecnolóxicos e comerciais máis modernos, e unha organización multimarca e multicanle enfocada ao cliente, permiten a Banco Sabadell ocupar unha posición destacada no mercado en banca persoal e de empresas.

Santiago Centro forma parte dos colectivos de profesionais que asinaron un convenio co Banco Sabadell, que dende entón apoia ao comercio na captación de fondos e permite aos establecementos asociados acceder a produtos financeiros que a entidade bancaria destina a comercios e pequenas empresas.

Máis información