Sabemos que volver das vacacións de verán e adaptarse de novo as rutinas que nos agardan nos vindeios meses non é doado, nin anímica nin económicamente. En Santiago Centro queremos estar ao teu lado nesta nova tempada e para axudarte a poñerte en marcha co outono traemos sorpresas para ti a través da nosa App Santiago Centro VIp. Recorda identificarte con ela nas túas compras nos establecementos adheridos e participa no sorteo Outono Vip. Podes ser unha das persoas gañadoras dun dos 15 vales de agasallo por un valor de 50€ en saldo na aplicación.

Así comprar todo o necesario e algún que outro capricho para sobrelevar mellor o outono pode ter premio para ti! Xa sabes que temos unha morea de opcións no comercio da zona nova de Santiago para que poidas facerte con todo o que precises e gozar das túas compras. Ademais, se non eres das persoas que se manexan ben coas aplicacións, ou simplemente che apetece mellor ter unha tarxeta, tamén podes pedila nos establecementos.

Entrarás no sorteo polas compras que realices do 1 ao 28 de outurbo (ambos inclusive). Para iso terás que identificarte a través da app ou amosando a tarxeta de fidelización para rexistar esa compra. Cantas máis rexistres máis posibilidades de gañar! Rercorda que a app está dispoñible en Andorid e iOS e ademais de descargala debes rexistrarte. Por outra parte podes darte de alta nalgún dos comercios adheridos recibindo unha tarxeta física.

As persoas gañadoras daranse a coñecer o día 30 de outubro e o período para poder gastar o saldo será dende o 2 ao 30 de novembro.

Non esperes máis e feliz Outono Vip!!

-Campaña financiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

Podes consultar aquí as BASES COMPLETAS