As case cen tendas integradas en Santiago Centro, Área Comercial, apoiaron o regreso á escola en 2021 cos mellores produtos aos mellores prezos, cunha atención personalizada e a garantía de comercio local e servizos adicionais como aparcamento gratuíto. Santiago Centro desenvolveu unha campaña nas redes sociais composta por publicacións e vídeos alusivos a esta importante tempada de compras.