Preto de cen persoas, moitas delas nenos e nenas, participaron o pasado sábado en +BICI, a marcha popular que percorreu as rúas do Ensanche compostelán. Organizada pola Fundación Santiago Centro e o Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela coa colaboración do Concello de Santiago, +BICI levou aos ciclistas  por un trazado tranquilo e doado para promover o uso da bici na cidade e reforzar a necesaria convivencia entre ciclistas e automobilistas.

Esta é unha pequena galería de imaxes da xornada.