A Praza Roxa será o escenario o próximo venres 29 de setembro do desfile ‘Moda a pé de rúa’, no que os establecementos do Ensanche compostelán mostrarán as súas propostas de cara á temporada de outono inverno.
A pasarela urbana de Santiago Centro celébrase no marco da Festa +55 Anos Vivindo no Ensanche, que organiza para esa fin de semana unha comisión integrada por EmRede, Apega, a Asociación de Veciños Raigame e Santiago Centro, coa colaboración do Concello de Santiago.
Os establecementos participantes convidan a todos os composteláns a asistir ao evento.