O Ensanche de Compostela encherase de actividade mañá, sábado 11 de maio, coa celebración da V Festa do Comercio que promove Santiago Centro en colaboración con EmRede, na que participan medio cento de establecementos da zona nova saíndo ás rúas con ofertas de actividades, promocións, descontos, zonas outlet ou convites para os seus clientes.
Nesta quinta edición da promoción especial de primavera os establecementos ofrecerán os mellores prezos e propostas durante toda a xornada. Os clientes poderán realizar as súas compras gozando de descontos que van do 5 ao 70% en produtos seleccionados e de temporada, ademais de actividades lúdicas para público infantil, agasallos e animación. Os comercios implicados na acción, así coma o resto dos asociados de Santiago Centro e de EmRede, entregarán aos clientes como regalo un póster exclusivo e de gran formato deseñado pola artista Lúa Gándara, cunha visión moi completa e particular do Ensanche compostelán.
Este é o listado completo de comercios e as accións e descontos previstos para a xornada.