Toda a calidade do comercio local, no mundo dixital. OutletSantiago.gal funciona xa cunha ampla selección de máis de 600 produtos de todos os sectores. As mellores ofertas en téxtil, calzado, xoiaría, complementos, deportes, papelaría, animais de compañía, alimentación gourmet, óptica, imaxe e son, regalos, mobles e máis decoración, con descontos de atao o 70%, están xa á venda.

OutletSantiago.gal é un portal multi tenda creado por un número inicial de 28 comercios, todos eles con tenda física en Compostela. Traslada ao mundo dixital a experiencia de compra do comercio tradicional, poñendo a disposición do cliente produtos de calidade a prezo reducido e ofrecendo toda a atención e profesionalidade do comercio de proximidade.

Nesta iniciativa Santiago Centro alíase con Proxecto EmRede, asociación de pequenas empresas e comercios de Santiago de Compostela e comarca. OutletSantiago conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, a través das súas liñas de axudas a asociacións de comerciantes e proxectos de innovación comercial.