Hai uns días que demos a benvida á primavera e a asociación de comerciantes do Ensanche, Santiago Centro, quere que a súa clientela teña un bo comezo da nova estación. Así é que poñemos en marcha unha nova campaña, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, para premiar a fidelidade no comercio local da zona nova de Compostela.

Se queres ser VIP esta primavera non deixes de utilizar a nosa aplicación, Santiago Centro Vip, e optarás a ser unha das persoas gañadoras dalgún dos 20 bonos de 50€ en saldo que sorteamos na app polas compras que rexistres no comercio adherido á mesma no período comprendido entre o 29 de marzo e o 29 de abril.

Se non tes a aplicación podes descargala tanto en iOS como en Android e rexistrarte. Unha vez teñas o teu perfil activado só terás que escanear co teu móbil o código QR que che mostren no establecemento para que a túa compra quede rexistrada e entres no sorteo. Mira como o fai María Rey (IG @missestilos), e non perdas a oportunidade! Ademais, o comercio local ten moitas posibilidades. Na propia app atoparás unha listaxe das tendas nas que podes beneficiarte de todas as vantaxes de Santiago Centro Vip.

O día 1 de maio realizarase o sorteo mediante a propia app e se eres das persoas afortunadas verás como os 50€ do premio aparecen na túa conta de saldo. Despois, só che queda gastalo no período comprendido entre o 2 e o 31 de maio, sempre presentando a app cando vaias exercer o teu pago no comercio.

Podes consultar aquí as bases completas.