Santiago Centro prosegue coas presentacións do Plan Estratéxico aos grupos políticos de Compostela. Despois de falar cos candidatos á alcaldía polo Partido Socialista e o Partido Popular, o presidente da Fundación, José Mª Fernández; e o secretario, Delmiro Prieto, acudirán esta mañá ao Pazo de Raxoi para verse coa concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, de Compostela Aberta.