Santiago Centro presenta hoxe o seu Plan Estratéxico ao candidato do Partido Popular á alcaldía de Compostela, Agustín Hernández, e ao seu equipo. A xuntanza levarase a cabo esta tarde no Real Aeroclub. Asistirán por parte de Santiago Centro o presidente, José Mª Fernández; e o secretario, Delmiro Prieto.