Catro de cada cinco comerciantes locais cren que o seu negocio poderá superar a crise, o que supón un aumento de 15 puntos porcentuais con respecto ao ano anterior e denota un maior optimismo entre os profesionais do sector. Así o revela un estudo elaborado por American Express onde, ademais, apúntase que o 39,3% dos comerciantes cre que volverá aos niveis previos á crise durante o ano que vén. Este cambio de paradigma susténtase no maior apoio mostrado por parte da clientela local a este tipo de negocios. Neste sentido, un 76,5% dos establecementos participantes na enquisa notou un cambio na actitude e o afecto mostrado polos seus clientes.