A Marcha Ciclista Popular +BICI chegará o domingo 22 de setembro á súa terceira edición. Deportistas afeccionados de todas as idades e condición física poden participar na ruta, organizada polo Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela e Santiago Centro. O percorrido, de trazado relaxado e seguro e de aproximadamente unha hora de duración, pasará por todas as rúas do Ensanche.
En +BICI poden participar nenos, familias e deportistas afeccionados, e non é necesario inscribirse previamente. Partirá ás 10.30 da Praza Roxa, lugar no que, ao termo da marcha, se levarán a cabo unha xincana de xogos ciclistas.
Con esta iniciativa, o Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela e Santiago Centro, Área Comercial buscan promover o uso da bici na cidade e reforzar a necesaria convivencia entre ciclistas e automobilistas.
Percorrido completo
+BICI comezará ás 10.30 na Praza Roxa. Os participantes realizarán unha ruta relaxada percorrendo as rúas Praza Roxa – Frei Rosendo Salvado – Santiago de Chile – Rúa Nova de Abaixo – Montero Ríos – Doutor Teixeiro – Pza. Ponte Castro – Xeneral Pardiñas – República El Salvador – Alfredo Brañas – República Arxentina – Pza. Ponte Castro – Rosa – San Pedro de Mezonzo – Praza Roxa – Frei Rosendo Salvado – Ramón Cabanillas – Fernando III – Rosa – Santiago de Chile – Praza de Vigo – Santiago del Estero e regreso final á Praza Roxa.