O Diario Oficial de Galicia publicou o día 11 de agosto unha orde na que se detallan as subvencións que se poden solicitar á Dirección Xeral de Comercio ata o día 11 de setembro. As axudas céntranse tanto na expansión dos negocios como mellora dos espazos físicos de venda coma na actualización das plataformas de venda por internet. Neste último apartado concederanse axudas de ata 1.080 euros para a expansión dixital e a comunicación.

Pódese acceder ao texto íntegro do DOG picando aquí.