Febreiro chega, como cada ano, con moito amor e o comercio local do Ensanche está disposto a celebralo con todos e todas vós cunha morea de opcións. Se queres ter un detalle cunha persoa querida polo Día dos Namorados, os establecementos asociados a Santiago Centro poden axudarte con moitas ideas para agasallar. Moda, calzado, complementos, artigos de papelería, mercería, regalos para as persoas máis deportistas, algo rico para comer…

Celebra San Valentín co comercio da zona nova de Santiago, entra no noso listado de establecementos e seguro que atopas o que precias www.santiagocentro.gal/compras

Colaboran na campaña a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago