Máis dun cento de ciclistas de todas as idades participaron o domingo 1º de outubro de 2017 na marcha ciclista popular +BICI, organizada polo Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela e Santiago Centro. A marcha pasou por todas as rúas do Ensanche nun percorrido fácil e relaxado.
Con esta iniciativa, o Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela e Santiago Centro, Área Comercial buscaban promover o uso da bici na cidade e reforzar a necesaria convivencia entre ciclistas e automobilistas. O evento enmarcouse na celebración da Festa +55 Anos Vivindo no Ensanche, que impulsaron EmRede, Apega, a Asociación de Veciños Raigame e Santiago Centro, coa colaboración do Concello de Santiago.