Santiago Centro selecciona ata finais de mes modelos para os seus desfiles de moda infantil/xuvenil, de señora e de cabaleiro, que se levarán a cabo os días 19 e 20 de maio na rúa Xeneral Pardiñas.
Se tes unha tenda e queres propoñer a algún dos teus clientes; ou se simplemente che apetece desfilar, envíanos unha mensaxe privada a través de Facebook ou un correo a info@santiagocentro.gal. A organización levará a cabo ata finais do mes de abril unha selección en función da roupa dispoñible.