O Diario Oficial de Galicia publicou hai uns días a convocatoria de subvencións para a dixitalización e modernización dos comercios e dos establecementos artesanais galegos. O prazo para a solicitude finaliza nos primeiros días de marzo.

Entre os conceptos subvencionables atópanse a implantación ou actualización de solucións dixitais tales como páxinas web con venda en liña (ata 4.000€ subvencionables) ou convencionais (ata 1.000€); loxística dixital e packaging (ata 5.000€); ferramentas de xestión (ata 3.000€); e dinamización de redes sociais. A orde tamén contempla como gastos subvencionables as obras de reforma integral do local, adquisición de mobles e adecuación de escaparates.

Pódese consultar o texto completo do DOG picando aquí.