Santiago Centro reuniuse onte co alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e coa tenente de alcalde Mercedes Rosón para expoñerlles as inquedanzas e as propostas da Fundación para o Ensanche. O Plan Estratéxico presentado polo Centro Comercial Aberto a pasada primavera foi o eixo condutor do encontro.

O presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández, e o secretario, Delmiro Prieto, explicaron aos novos dirixentes municipais algúns aspectos do Plan, deseñado para dinamizar social e comercialmente a zona nova a través de liñas de actuación concretas e posibles.

Entre as accións concretas debatidas estivo a renovación do alumeado público, que, segundo o Concello, xa está en marcha, e o apoio municipal a varias das accións que Santiago Centro puxo en funcionamento nos últimos meses, como o programa de aparcamento gratuíto para clientes. Quedan para futuras xuntanzas temas urbanísticos coma o destino do solar do antigo Peleteiro.

Noticia en El Correo Gallego
Noticia en La Voz de Galicia
Imaxe: El Correo Gallego