Os preto dun cento de comercios integrados en Santiago Centro, Área Comercial, están xa preparados para a volta ao cole. Nesta época, unha dos períodos de compras máis significados, os clientes poderán atopar no Ensanche de Compostela os mellores produtos aos mellores prezos, coa atención personalizada e a garantía do comercio local e servizos adicionais coma o aparcadoiro gratuíto na maior parte dos parkings da zona nova.

Entre a oferta de compras para a volta ao cole que ofrece Santiago Centro atópanse varios dos comercios máis significados da cidade nos sectores da libraría e a papelaría; o equipamento deportivo; a roupa e o calzado para nenos e nenas; os xoguetes; a tecnoloxía, un dos piares das novas formas de educar; a óptica; ou os centros para a aprendizaxe de idiomas.

Ademais, os clientes do Centro Comercial Aberto do Ensanche non teñen que perder o tempo buscando onde deixar o coche. Na actualidade, medio cento de establecementos están adheridos ao programa de aparcadoiro gratuíto de Santiago Centro, a través do cal subministran tickets de aparcamento prepagados aos clientes. Estes negocios están identificados na súa porta co distintivo azul alusivo á campaña.