Un helicóptero a escala dirixido por radiocontrol foiunha das atraccións do Outono sobre Rodas, actividade que organizou a Fundación Santiago Centro, Área Comercial na Praza Roxa. Dirixida principalmente ao público infantil e xuvenil, pero aberta a todos, a xornada contou cunha exhibición de vehículos sobre rodas conducidos por emisora e cun circuíto xigante de escaléxtric.
Esta exhibición formaba parte do Outono sobre Rodas que, por segundo ano consecutivo, organizou o Centro Comercial Aberto do Ensanche. Os nenos entre 5 a 14 anos puideron correr ademais de xeito gratuíto nunha pista slot xigante e os máis rápidos nas carreiras tiveron premio.