Coa entrada de maio chega unha nova edición da festa de primavera do comercio local, organizada pola área de comercio do Concello de Santiago, Prima 23. Os establecementos do Ensanche compostelán asociados a Santiago Centro tamén toman parte nesta iniciativa festiva que trata de dinamizar as rúas con actividades e música ao vivo, ademais de crear un bo ambiente para as compras con adornos propios que darán máis vistosidade aos locais. A celebración durará tres días, o xoves 4, o venres 5 e o sábado 6 de maio. Durante estas xornadas moitos dos comercios ofrecerán prezos especiais para a clientela, unha oportunidade única de atopar artigos no que se converterá nun gran outlet.

Ademais, o comercio adherido á aplicación Santiago Centro Vip tamén se suma cunha campaña especial a esta festa de Prima 23. Así, durante eses tres días as persoas que se identifiquen coa App á hora de realizar a súa compra, de maneira que quede rexistrada, entrará no sorteo de 35 bonos de 30€ cada un en forma de saldo para gastar ata o 9 de xuño. Podes consultar AQUÍ AS BASES COMPLETAS.

Non perdas a oportunidade de gozar das rúas e do comercio compostelán nesta primavera e aproveita os descontos e ofertas que atoparás nos distintos establecementos. Atoparás todo tipo de artigos: deportes, moda (infantil, xuvenil, feminina e masculina), xoiería, beleza, óptica, electrodomésticos e tecnoloxía, papelería…

Santiago Centro conta na súa campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.