Santiago Centro segue presentado o seu Plan Estratéxico ás forzas políticas de Compostela. Esta tarde, o presidente da Fundación, José Mª Fernández; e o secretario, Delmiro Prieto reuniranse no Real Aeroclub coa candidata do BNG á alcaldía da cidade, Goretti Sanmartín Rei; e co concelleiro Rubén Cela. Na xuntanza, Santiago Centro exporá as inquedanzas recollidas no documento que elaborou nos últimos meses coa colaboración de expertos, comerciantes, veciños e outras asociacións do Ensanche.